O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

Artesanía e alimentación centrarán o Mercado de Nadal nos Tilos

| compartir:

Este domingo 19 teremos Mercado de Nadal nos Tilos. Será unha boa oportunidade para facer as últimas compras antes das festas. Os postos, coma o ano pasado, estarán colocados na Praza circular dos Tilos dende as 11:30 ás 19:30 horas. E teremos música en directo, brinquedos para xogar e unha noria para as crianzas. 

Os postos participantes ofertarán alimentación, xoieiría, instrumentos tradicionais, ebanistería, xoguetería, florarías ademais das adegas de Teo da DO Rías Baixas e dos postos do Mercado do alimento labrego. 

A listaxe dos postos é a seguinte: 

  • Panadería Pastelería Elvira. 
  • Brigantia Orfebres. 
  • Gaitas e Frautas galegas Oli Xiraldez.
  • Iago Salgado Instrumentos tradicionais.
  • Aluma Xoias en prata. 
  • Floristería de Pontevea.
  • TresOficios Ebanisteria e Deseño.
  • Brazolinda xogos.
  • "Camiño Circular S. Coop. Galega Artesáns e produtores da Estrada: Aposta pola Tradición"

Os viños teenses:

  • Adega Gomez&Rial
  • Adega Castro de Balar
  • Adega Daniel Pernas

Do Mercado do alimento labrego de Teo estarán os seguintes postos: 

  • Mª Dolores Lea Santiso. Cultivo ecolóxico certificado.
  • Da leira de Anita.
  • Casa do Campo.
  • "Casa de Labranza Hortas da Ulla".
  • A Horta da señora Carmen.
  • A horta de Nuria e Quíque.
Mercado Tilos