O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
As árbores de noso recibirán durante estes días a visita dos coros das Asociacións do Concello. Chegan os Cantos de Nadal para animar estas festas. Dendo o 23 ata o 30 de decembro teremos varias actuacións en distintas localizacións de Teo, en exterior a carón das árbores instaladas nas zonas comerciais.
O 23 de decembro ás 19:15 h na Casalonga teremos cantos coa SR de San Xoán de Calo, ás 20:00 h en Pontevea contaremos coa AC A Ponte Vella e á mesma hora en Luou acompañaranos a AC A Mámoa.
O 28 de decembro ás 20:30 h en Cacheiras estará actuando a AC Rosalía de Castro.
O 30 de decembro pechamos o ano nos Tilos ás 19:15 de novo coa SR San Xoán de Calo e en Montouto ás 20:00 cantará o grupo da AC A Mámoa de Luou.
Ademais se pasades por onda as árbores de noso lembrade que en cada unha delas hai un código QR e se pasades por todas e vos rexitrades poderedes levar un pequeno agasallo ao rematar o percorrido polas árbores.
As árbores están instaladas nos Tilos, Montouto, Cacheiras, A Ramallosa, Pontevea, Luou e Calo.
AVISO: Estas actuación poderanse anular pola malal previsión meteorolóxica.
Música no Auditorio
E seguindo coa música o domingo 26 de decembro e o domingo 2 de xaneiro teremos ás bandas de Teo no Auditorio Municipal Constante Liste.
O 26 de decembro ás 17:30 horas a Banda xuvenil cultural de Teo e a Banda de música cultural de Teo ofrecen un Concerto de Nadal. A entrada é de balde ata completar aforo. Dende a organización piden que se colabore coa entrega de comida non perecedeira para o Banco de Alimentos do Concello.
O 2 de xaneiro ás 19:00 horas actúan a Banda de música da SR San Xoán de Calo e a Banda de música Isabel II de Touro cun Concerto de película xa que interpretarán bandas sonoras de películas moi coñecidas. A entrada tamén é de balde ata completar aforo.