O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Concello conta dende xaneiro cunha asesoría en ecoloxía e sustentabilidade que funcionará os últimos martes de mes de 10 a 13 horas. Será na Aula de Informática, no Auditorio Municipal Constante Liste, e non é preciso reservar cita.
Neste mes de febreiro a atención será o martes 22.
As funcións principais deste servizo, que será de balde para a veciñanza, serán asesorar, dar consello e informar sobre as seguintes cuestións: consumo sostible e responsable, medidas para favorecer á biodiversidade, medidas para reducir o noso impacto no medio natural e os valores naturais da contorna.
As persoas que non poidan achegarse de xeito presencial pero queiran facer algunha consulta poden chamar ao seguinte número: 619470751.
Máis información sobre este servizo premendo aquí