O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
Estás cansa, desanimada, sentes que non dás feito?
Vén. Convidámoste a este novo espazo para o autocoidado onde entre mulleres compartiremos estratexias de benestar doadas de aplicar na vida cotiá. 4 xuntanzas pensadas para facer un alto no camiño e contactar co noso corpo, coller forza, coidar da nosa saúde física e emocional, e descubrir as nosas propias ferramentas. Todo dun xeito lúdico, divertido e relaxado.
Se che presta adicar uns intres para ti mesma e rir na compaña doutras mulleres, non o dubides... Contamos contigo!
O obradoiro terá lugar os mércores dende o 2 ata o 23 de marzo de 17:30 a 19:00 na biblioteca dos Tilos. No caso de precisar servizo de gardaría debe indicarse cando se cubra o formulario, no apartado de observacións escribindo o número de crianzas e as idades.
Esta actividade está organizada dende o CIM, da área de Igualdade do Concello.