O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

O pleno votará a proposta de orzamentos municipais

| compartir:

O mércores 23 de febreiro celébrase o pleno ordinario. O horario será ás 20:00 horas no salón de plenos. O debate plenario terá lugar en horario de tarde como é habitual. Poderase ver en directo a través da canle de youtube do Concello premendo aquí.

Unha das propostas destacadas da sesión será o documento dos orzamentos municipais para o 2022. Trátase dunhas contas que recollen un total de ingresos e gastos previstos de 17 millóns de euros, concretamente 17.101.580,22 euros. O alcalde trasladoulle aos grupos municipais a proposta nunha xunta de portavoces hai unhas semanas. Dende a alcaldía destácase que os orzamentos "son o instrumento económico para poder viabilizar os investimentos acordados, moitos deles en consenso coas forzas políticas locais". Por outra banda as contas municipais garanten o funcionamento dos servizos públicos locais, destacando aqueles que se destinan a benestar, servizos de conciliación, ou mesmo o apoio ao movemento asociativo municipal. 

No pleno tamén tomará posesión a concelleira do BNG Patricia Castelao. 

 

A orde do día: 

  1.  Aprobación da acta da sesión ordinaria do 24/11/2021. 
  2. Dación de conta das resolucións da alcaldía (da Res 110/22 á Res 214/22).
  3. Toma de posesión de Dª Patricia Castela Ferreiro como concelleira da corporación municipal. 
  4. Proposición da alcaldía de inicio de expediente de cambio de uso da parcela dotaiconal P1 do Plan Parcial de Parque Montouto. 
  5. Ditame da proposta da alcaldía de aprobacióni de recoñecemento extraxudicial de crédito 01/2022. 
  6. Ditame da proposta da alcaldía de modificación da ordenanza fiscal reguladora do imposto sobre o incremento de valor dos terreos de natureza urbana. 
  7. Ditame da proposta da alcaldía de aprobación inicial do orzamento municipal 2022. 
  8. Ditame da moción do grupo municipal do BNG de apoio ás mobilizacións feministas do 8 de marzo e demanda dos compromisos pendentes. 
  9. Mocións. 
  10. Rogos e preguntas.
Casa do Concello