O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Ruta do corgo: Historia das mulleres bravas de Penelas

Data e hora

Localización
A ruta comeza na fonte das Seixas
Como chegar

Inscrición pechada

Prazas por persoa
5

As Fillas Bravas son tres mulleres que tocan e cantan o que lles peta percorrendo o noso país á procura de aldeas orgullosas de selo e con historias que paga a pena contar e compartir. Unha delas é Penelas, no Concello de Teo. Aquí a veciñanza xuntouse na Asociación Trinxidoiro, para dar boa conta do valor e a riqueza oculta que atesouran estas terras e converterse en axentes activos na recuperación e mantemento do patrimonio natural, cultural e etnográfico. As Fillas Bravas súmanse a este esforzo colectivo e actuarán como guías dunha ruta desde a fonte das Seixas ata a aldea de Penelas, por un sendeiro que vai de par do rego de Moldes, amosando e comentando coa súa retranca habitual, tanto os usos e aproveitamentos tradicionais da auga mediante corgos, muiños, lavadoiros e fontes, como certos costumes e ritos dun pasado non tan afastado.

A participación nesta actividade é de balde pero hai que anotarse a través do formulario en liña. Terán preferencia as persoas empadroadas no Concello de Teo.

As Rutas do Corgo faranse os seguintes días do mes de marzo: 

  • 12 Marzo 17.30 horas. 
  • 13 Marzo 12 horas e 17.30 horas.
  • 19 Marzo 17.30 horas. 
  • 20 Marzo 12 horas e 17.30 horas.
Observacións
A ruta terá lugar o vindeiro 13 de marzo ás 12:00
As persoas asistentes deben levar calzado cómodo, xa que unha boa parte da ruta trancorre por un sendeiro.
Se precisas anular a túa inscrición debes escribir a cim@teo.gal
fillas bravas

Outros eventos por vir