O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

TRES VELLAS (polo menos)

Data e hora

Localización
Auditorio Municipal Constante Liste
Como chegar

Inscrición pechada

Prazas por persoa
6

O venres 18 de marzo, ás 20:00 H, o Auditorio Municipal Constante Liste acollerá un espectáculo de palabras cruzadas con Celso Fernández Sanmartín, José Luis Gutiérrez “Guti” e Quico Cadaval.

Os contadores de historias e de contos que conflúen neste espectáculo son recoñecidos polo colectivo da narración oral como posuidores dun universo propio e unha voz singular, unha maneira especial de contar as historias. No repertorio deles  tres, hai moitos contos que foron contados por vellas, a quen llos contaron outras vellas. Unha progresión xeométrica de vellas. Nunca se coñeceron as vellas de Guti, Quico ou Celso, mais poderían manter unha conversa entre si á luz do carburo ou sobre o hule das cociñas aldeás.

Neste exclusivo show, só para os gostos mais requintados, manifestaranse as olladas profundas, as mans encalecidas de todas as labouras e o afiado sentido do gosto das vellas, e chegará un momento no que o auditorio sentirá o recendo dos honestos guisados do pasado. E ao rematar, os espectadores, coa boca encharcada, sairán a soñar co prato fumegante da memoria.

O espectáculo está dirixido a público maior de 13 anos e adulto. É necesario facer inscrición previa que se abrirá o venres 11 de marzo.

Observacións
Para a cancelación de reservas pódese comunicar enviando un correo a entradascultura@teo.gal
Tres Vellas

Outros eventos por vir