O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

Excursión das mulleres

Data e hora

Localización
O autobús sairá do Auditorio Constante Liste na Ramallosa
Como chegar

Prazas dispoñibles
11
Inscribirse

Prazas por persoa
5

O vindeiro domingo 3 de abril  ás 08:30 retomaremos a excursión que dende o CIM víñamos facendo co gallo do 8 de marzo. Este ano irémonos a Ribadavia, onde faremos unha visita guiada pola vila e visitaremos o castelo e o museo xudío. Logo da comida iremos a coñecer o museo do viño de Galicia, que está situado na coñecida como casa reitoral de Santo André de Camporredondo, que forma un conxunto monumental de singular relevancia e particular significado, situada en plena comarca do Ribeiro.O museo dedica a súa exposición permanente ao cultivo da vide e ao proceso produtivo do viño ao longo da historia en Galicia. Por unha banda, a vinicultura (técnicas e sistemas do cultivo da vide) e, por outra, a viticultura (técnicas e coñecementos da elaboración do viño). Veremos a posibilidade de visitar algunha adega e facer algunha outra visita pola zona.

As participantes terán que pagar a comida e do resto dos gastos encárgase a Concellería de Igualdade do Concello de Teo. É necesario facer inscrición previa a través do formulario en liña que se abrirá o lúns 14. Terán preferencia as mulleres empadroadas no Concello de Teo.

Observacións
A excursión durará todo o día, tendo previsto chegar sobre as 21:00 horas
Inscribirse
Ribadavia

Outros eventos por vir

Auditorio Constante Liste

GOLPES