O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
En marzo na escola de familias abordarase a educación afectivo sexual dende a familia. Será unha sesión dirixida pola psicóloga Belén Montesa na que haberá espazo para dúbidas e debate.
Esta actividade está dirixida a familias con neno/as en idades dende infantil ata secundaria e quere ser un acompañamento nos retos da crianza. Cada mes abórdase un tema entre os moitos retos que presenta a crianza na actualidade.
Para asistir hai que inscribirse a través do formulario en liña neste mesmo espazo da web.
No caso de precisar servizo de gardaría debe indicarse cando se cubra o formulario, no apartado de observacións escribindo o número de nenos/as e as idades.