O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Escola ecoloxista sobre fotografía e natureza

Data e hora

Localización
Concello de Teo
Como chegar

Prazas dispoñibles
15
Inscribirse

Prazas por persoa
2

Chega unha nova sesión da Escola Ecoloxista de Teo! Nesta ocasión, faremos unha ruta por Cacheiras que estará cargadiña de moita arte!

Utilizaremos o superpoder que posuímos as persoas para ollar, e fotografiaremos o paso do tempo por Teo.

Como cambiou o medio ambiente nas últimas décadas? E as súas construcións?

Convidámosvos a vir e desfrutar connosco dunha ruta da que, de seguro, aprenderemos e non nos deixará indiferentes ante o paso do tempo.

Esta actividade farase o sábado 26 de marzo dende as 17:00 horas. Está dirixido a rapazada de 10 a 18 anos e para participar tes que anotarte no formulario en liña neste mesmo espazo.

Observacións
Se precisas anular a túa inscrición debes escribir a mocidade@teo.gal
Inscribirse
escola ecoloxista

Outros eventos por vir