O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025 

Portas abertas nas escolas infantís municipais

Data e hora

Localización
Concello de Teo
Como chegar

Na segunda quincena de marzo está aberto o prazo para solicitude de novo ingreso nas escolas infantís municipais. Teo conta con tres centros, nos Tilos, na Ramallosa e en Calo.

Este ano farase unha xornada de portas abertas para que as familias que aínda non son usuarias das escolas poidan coñecer as instalacións. Será o sábado 19 de marzo e para asistir hai que escribir a eimteo@teo.gal indicando os datos e un teléfono de contacto. 

Os horarios das visitas son os seguintes:

  • Escola infantil de Calo 10:00 h. Ubicación premendo aquí
  • Escola infantil da Ramallosa: 11:00 h. Ubicación premendo aquí
  • Escola infantil dos Tilos: 12:00 h. Ubicación premendo aquí

Para calquera consulta ou dúbida sobre este procedemento poden dirixirse ao correo electrónico: eimteo@teo.gal ou aos seguintes teléfonos dos Servizos Sociais: 881 819 356 ou 981 809 707.

Se queres consultar a información sobre o procedemento de reserva de praza nas escola infantís preme aquí

escola infantil

Outros eventos por vir

Local da Asociación Cultural Rosalía de Castro de Cacheiras

Complexo Cultural-deportivo de A Cañoteira. Cacheiras
15883 Teo (A Coruña)

Magosto e Foliada de Apego