O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

Celébrase o pleno ordinario do mes de marzo

| compartir:

O mércores 30 de marzo celébrase o pleno ordinario. O horario será ás 20:00 horas no salón de plenos. O debate plenario terá lugar en horario de tarde como é habitual. Poderase ver en directo a través da canle de youtube do Concello premendo aquí.

Consulta aquí a orde do día completa: 

  1. Aprobación das actas das sesións ordinarias do 29/12/21 e o 02/02/2022. 
  2. Dación de conta das resolucións da alcaldía (da Res 110/22 á Res 407/22). 
  3. Dación de conta do cumprimento do artigo 104 Bis da Lei 7/1985, do 2 de abril, en relación co persoal eventual. 
  4. Dación de conta da nova composición das comisións informativas trala presentación do escrito de data 25/02/2022 (R.E. nº 801) do Grupo Municipal do BNG. 
  5. Dación de conta do informe de tesourería de morosidade e PMP do 4º trimestre do 2021. 
  6. Ditame da proposta da alcaldía de ratificación do decreto da alcaldía do 8 de marzo corrixindo o convenio do SAT-Res. 319.2022. 
  7. Ditame da proposta da alcaldía de nomeamento de representante no CRA de Dna. Patricia Castelao Ferreiro. 
  8. Ditame da moción do Grupo Municipal do BNG para unha eficiente depuración das augas residuais. 
  9. Ditame da moción do Grupo Municipal do BNG para condenar a invasión rusa en Ucraína, mostrar a solidariedade co pobo ucraniano e demandar o retorno á vía diplomática para acadar a paz. 
  10. Ditame da moción do Grupo Municipal do BNG relativa ás actuacións que deben impulsar os gobernos galego e central para mitigar o impacto do medre disparado da inflación na sociedade e economía galegas. 
  11. Mocións. 
  12. Rogos e preguntas. 
Casa do Concello