O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

O Concello comunica á Xunta o interese en estudar solucións á problemática da Casalonga

| compartir:

O alcalde de Teo, Rafael Sisto, remitiu un escrito á Xefatura Terrritorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria nas últimas semanas en relación á canteira da Casalonga. Esta comunicación responde a unha conversa coa Dirección Xeral de Minas na que dende a Xunta se interpela ao Concello para falar sobre a problemática xurdida ao redor desta concesión mineira. 

O rexedor e o seu grupo de goberno explicitan "a dispoñibilidade do Concello para reunirse con calquera das partes afectadas polo conflito relacionado coa canteira da Casalonga, aínda considerando que o Concello no é parte directamente afectada ou, cando menos, o é en menor medida que a propia Consellería de Economía". 

Calquera participación municipal debe ser posterior a que se complete o plan de restauración, tendo en conta ademais que para a administración local é "imprescindible" a tramitación dun novo plan de restauración e non unha adaptación dun aprobado hai 20 anos. A restauración dunha zona degradada pola explotación mineira e o acúmulo de residuos debe axustarse á situación actual e cumplir coa normativa vixente. 

No escrito do alcalde tamén se destaca que calquera intervención municipal sobre os terreos da canteira "pasa, necesariamente, porque deixen de estar afectados como cuadrícula mineira". Esto é unha obviedade dado que o Concello non pode ser xestor nin concesionario dun dereito mineiro. 

Rafael Sisto xa ten trasladado esta posición aos representantes da Plataforma Casalonga Limpa de Residuos así como aos voceiros/as municipais. Dende o goberno municipal "temos claro que calquera solución debe ter un amparo xurídico, debe contar coa implicación da Xunta de Galicia e no pode hipotecar a viabilidade económica do Concello" destaxa o rexedor. 

canteira