O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
Teo volve a acoller o programa Camiños de coñecemento e experiencia da USC. Trátase dunha iniciativa de divulgación da Universidade de Santiago dirixido a persoas maiores de 50 anos e para asistir non é preciso ter unha formación específica propia. O Concello colabora dende hai anos con esta actividade que achega o coñecemento aos Concello da contorna de Compostela coa intención de potenciar e difundir o coñecmento científico e artístico.
Esta edición, será previsiblemente no Auditorio municipal Constante Liste en horario de 16:30 a 18:00h, e contará con cinco sesións e unha visita á Catedral de Santiago. Sen embargo hai unha obra prevista no interior do auditorio que seguramente comece en maio polo que cabe a posibilidade de que estas actividades finalmente se teña que realizar no salón de plenos da Casa do Concello.
Este ano a formación dividirase en tres sesións teóricas e outras tres sesións prácticas relacionadas cos temas tratados os días previos.
Comezarán o luns 9 de maio cun Seminario de introducción á criminoloxía. O martes 10 de maio teremos unha sesión práctica de análise de pegadas dixitais. As dúas clases estarán dirixidas pola profesora Ana Moure Soengas.
O mércores 11 de maio teremos un Seminario sobre o sono e os seus trastornos coa profesora Mónica Antelo Martelo.
O xoves 12 do mesmo mes teremos un Seminario sobre a Catedral de Santiago de Compostela, obra mestra do románico europeo, e o día 13 farase unha visita á mesma. Ambas sesións co profesor Victoriano R. Nodar Fernández.
O programa rematará o luns 16 de maio cunha sesión práctica que abordará as técnicas para conciliar o sono, tamén coa profesora Mónica Antelo Martelo.
A inscrición e matrícula pode facerse no Departamento de Cultura e Educación de luns a venres de 09:00 a 14:00 h, no teléfono 981 941 063 ou enviando un correo electrónico a cultura@teo.gal. A inscrición faise no programa completo, non en sesións soltas.