O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

Celébrase unha sesión da escola de familias dirixida ás familias con escolares en sexto de primaria

| compartir:

O vindeiro sábado 30 de abril, a  escola de familias abordará a transición de primaria a secundaria onde se tratarán os aspectos a ter en conta nas familias que teñen que afrontar ese proceso este ano. Será unha sesión dirixida polo doutor en psicoloxía Manuel Isorna na que haberá espazo para dúbidas e debate. 

A escola de familias iniciou o traballo no mes de xaneiro baixo o lema "coidadosamente" buscando o xogo de palabras entre o coidado e atención á mente. Dende primeiros de ano abordáronse temas de interese para as familias coma o tempo adicado aos videoxogos, a sexualidade ou a regulación emocional das persoas adultas que atenden ás crianzas. 

María López, concelleira de Educación, explica que este mes "a sesión será especial xa que atendemos a peticións de parte do alumnado de sexto de primaria dos nosos coles que queren que se traballe cos pais e nais a transición a secundaria á que se van enfrontar este ano". A sesión será aberta a calquera persoa adulta interesada mais estará centrada neste momento da adolescencia na que os/as rapaces deixan primaria e pasan a secundaria tendo que adaptarse a un novo contexto, con novas normas, novo entorno e novas obrigas. 

Deste xeito a actividade está dirixida de xeito especial a nais, pais e alumnos de 6º de primaria e terá lugar no Salón de actos do CEIP A Ramallosa. É importante que os/as pais e nais asistan coa rapazada para aproveitar mellor a sesión. 

Se tes interese en asistir a esta actividade preme aquí para inscribirte. 

A sesión é o 30 de abril ás 11:30 horas. 

No caso de precisar servizo de gardaría debe indicarse cando se cubra o formulario, no apartado de observacións escribindo o número de nenos/as e as idades. 

escola de familias