O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
Dentro do Outono teatral esta fin de semana en Teo teremos maxia e teatro para pequenos e grandes. O sábado 8 de outubro haberá un espectáculo de maxia familiar con Cayetano Lledó e o domingo a aula de teatro municipal presenta a obra A farsa de Bululú. Os dous espectáculos realizaranse no Auditorio Constante Liste, na Ramallosa, e son de balde ata completar aforo.
Este sábado 8 de outubro ábrese o telón ás 19:00 horas coa maxia galega de Cayetano Lledó e a súa peza sobre o famoso detective Sherlock Holmes indicada para un público familiar con nenos/as a partir dos seis anos. Nesta montaxe Holmes tentará resolver un caso no que unhas xoias desaparecen na mansión dos Patterson. Sospéitase de todo o persoal que traballa na casa e o público asistente deberá colaborar co detective para recuperar as xoias roubadas. O acceso é de balde ata completar aforo.
O domingo chegará o teatro da man da aula de teatro municipal que trae ao auditorio municipal a peza A farsa de Bululú, sobre unha obra do autor galego Manuel María. Trátase dunha sátira sobre a situación política no franquismo. Represéntase o domingo 9 de outubro ás 18:30 horas e o acceso é de balde ata completar aforo.