O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Concello está investindo preto de 20.000 euros este verán en tarefas de acondicionamento dos colexios de infantil e de primaria do municipio. A principal intervención son tarefas de pintura, que se acometen aproveitando as vacacións escolares do verán. Benefician a 27 aulas dos centros educativos de Calo, da Ramallosa e dos Tilos.
A intervención programada polo goberno municipal, contratada a unha empresa externa, contempla pintar nove aulas do colexio de Calo, coa superficie xeral en cor branca e o zócalo en tono azul. Tamén se pintarán en branco as paredes de encerados, a mesma cor que se utilizará para o oco das escaleiras.
No colexio da Ramallosa, os traballos céntranse en once aulas. As paredes serán pintadas en branco, con zócalo laranxa. Tamén se pintarán as paredes nas que se atopan os encerados, varios dos corredores do centro e a zona de acceso ao departamento de dirección. Neste centro, tamén se repasarán e pintarán as paredes e as columnas do patio cuberto, con cores semellantes ás existentes.
E no colexio dos Tilos, vanse pintar as paredes de sete aulas da planta intermedia do centro, en con amarela.
As tarefas de mantemento programadas polo Concello no verán, para non interromper o desenvolvemento normal das clases, compleméntanse coas que se levan a cabo durante o curso escolar por parte do Concello, para atender as necesidades de reparación puntuais que surxen.