O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Escola Ecoloxista. Voces da memoria

Data e hora

Localización
Casa Común da Torre
Como chegar

Inscrición pechada

Prazas por persoa
2

Nova ruta na Escola Ecoloxista de Teo! Se che apetece coñecer da man da veciñanza de Teo os cambios que experimentou o teu entorno nas últimas décadas, e entrar en contacto coas emocións que suscitaron estes cambios, esta sesión é para ti!

Ven connosco a aprender de persoas cuxa traxectoria de vida se viu marcada pola aceleración dos ritmos de vida, o boom da construcción, o aumento excesivo do consumismo, os cambios na alimentación e na mobilidade, a emerxencia climática… e moitos outros aspectos que conforman a día de hoxe a nosa actualidade. Agardámoste!

Esta actividade farase o sábado 28 de maio dende as 17:00 horas e ata as 18:30 horas. O punto de encontro será na Casa Común da Torre.

Está dirixido a rapazada de entre 10 a 18 anos e para participar tes que anotarte no formulario en liña neste mesmo espazo.

 

Observacións
En caso de non poder asistir pedimos que o comuniquen no enderezo electrónico
entradascultura@teo.gal
Escola Ecoloxista

Outros eventos por vir