O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

O CONCELLO APOIA CON 250.000 EUROS A ACTIVIDADE DO TECIDO ASOCIATIVO

| compartir:

O Concello de Teo apoia con máis de 250.000 euros a actividade das asociacións deportivas, veciñais, culturais e sociais do municipio, a través de diversas convocatorias. A contía representa unha partida relevante no conxunto dos orzamentos municipais e deixa patente “o considerable esforzo económico por parte do Concello para fomentar as actividades das entidades”, tal como afirma o concelleiro de Participación Veciñal, Ignacio Iglesias.

Nestes momentos, o Concello ten aberto o prazo de solicitude para assubvencións a clubs deportivos sen ánimo de lucro e deportistas federados/as polas actividades que realicen durante este ano 2016, que se poden solicitar ata o 4 de xullo. Do mesmo xeito, tamén se poden solicitar as subvencións para entidades veciñais para a súa actividade este ano, con prazo de solicitude ata o 29 de xuño. E unha terceira convocatoria aberta, tamén ata o 29 deste mes, é a que apoia o fomento da igualdade entre homes e mulleres e a prevención da violencia de xénero por parte das entidades. Nas vindeiras xornadas, está prevista a publicación de novas convocatorias, entre elas a destinada ás actividades dos centros educativos e das Asociacións de Nais e Pais (ANPAs).

 

Con estas axudas, o Concello de Teo reforza a súa aposta por apoiar o traballo que efectúa o movemento asociativo existente no municipio, que conta cunha considerable tradición, moita variedade e entidades fortes e asentadas entre a veciñanza.

teo