O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
Co comezo do mes de xuño abriuse no Concello de Teo o prazo para comunicar a realización das cacharelas de San Xoán. As persoas ou colectivos que teñan previsto facer unha cacharela coincidindo coa celebración do San Xoán deben entregar a solicitude no Rexistro Xeral do Concello. O prazo para presentar o impreso remata o 22 de xuño pola mañá. A solicitude xa se pode descargar premendo aquí ou recolléndoa nas oficinas municipais.
Dende o Departamento de Medio Ambiente lémbrase que os promotores destas fogueiras deben ter en conta normas de seguridade básicas entre as que destacan que o lume non debe superar os 8 metros de perímetro e os 3 de altura, a separación entre o lume e edificios ou árbores debe ser de polo menos 12 metros ou a prohibición de queimar pneumáticos, plásticos, espumas de poliuretano, aceites ou calquera sustancia que desprenda fume tóxico.
Por outra banda hai que ter especial coidado en deixar o lume totalmente apagado antes de abandonar o lugar no que se faga a cacharela, non facela debaixo de tendido eléctrico ou telefónico así como nas proximidades de locais que teñan produtos inflamables, e no caso de facela en terreos públicos enlousados debe protexerse o pavimento cunha capa de area dun grosor suficiente para evitar o seu deterioro.
Máis información sobre esta convocatoria premendo aquí.