O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

Ruta do mirador da Grela

Data e hora

Localización
Capela de Santa Ana. Lampai
Como chegar

Inscrición pechada

Prazas por persoa
4

Deportes presenta o Carreiro do mes de setembro, a Ruta do mirador da Grela. Trátase dunha andaina circular con saída e chegada na  Capela de Santa Ana

A ruta está indicada para maiores de 10 anos e terá preferencia a xente empadroada no Concello de Teo. É necesario levar calzado axeitado (botas de sendeirismo e chuvasqueiro en caso de choiva). É unha andaina pensada para facer unha práctica deportiva de intensidade media/baixa e fomentar o hábito saudable da andar ao aire libre así como favorecer a interacción social entre a veciñanza.

Inscrición gratuíta  a partir do 8  de setembro para persoas empadroadas no Concello de Teo. De quedar prazas dispoñibles, os días 15 e 16 de setembro abrirase un prazo para o resto da xente interesada.

Data e hora

Domingo 18 de setembro ás 10 horas

Localización

Capela de Santa Ana - Lampai

Observacións
Grazas por inscribirte na ruta por Lampai!
Unha vez comprobados os datos no Padrón de Habitantes confirmarase a inscrición nesta ruta no correo-e de contacto desde o que se enviou a solicitude. No caso de non estar empadroado e de abrirse prazo para a xente que estea nesta situación tamén se fará a confirmación da praza do mesmo xeito.
No caso de querer anular unha inscrición, débese enviar un correo-e a deportes@teo.gal comunicando os datos das persoas que serán dadas de baixa.
Calquera cambio de última hora no desenvolvemento da actividade comunicarase a través da web do Concello e das súas RRSS.
Desfruta da ruta.
Alto da Grela

Outros eventos por vir

Auditorio Constante Liste

GOLPES