O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

Apego: excursión a Carballolandia

Data e hora

Localización
Casa do Concello de Teo

Prazas dispoñibles
39
Inscribirse

Prazas por persoa
5

Excursión a Carballolandia, co Carballo con Botas

O sábado, 18 de xuño, con saída da Casa do Concello en autobús ás 9.30 e regreso ás 19.00 h

Dirixido a familias con crianzas de ata 6 anos.

Carballolandia é un espazo natural lúdico situado na parroquia de Mariz, Chantada, formado por unha casiña de madeira enriba dunha árbore, un cinema dentro dun pallar, un horto forestal e unha chousa con xogos tradicionais de madeira, centos de árbores e fauna autóctona.

En Carballolandia agárdanos cine no Cinema Palleiriso, paseo polo sendeiro de Carballolandia con ciclocarros, xogo libre con brinquedos, poesía e música, contos, xogos, subida á casa da árbore, ciclobiblioteca, rocódromo horreoroso, espazo miudiño, pegadas dos animais do bosque... e diversión!

Unha viaxe comunitaria en autobús para as familias do proxecto Apego no que cada familia debe levar o seu xantar e merenda para comer de campo.

Prazas limitadas a 50 persoas, de balde con inscrición previa.

Inscricións a partir do 13 de xuño a través de https://teo.gal/actividades

 

Inscribirse
Carballolandia

Outros eventos por vir