O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
Dende o 1 ao 21 de xuño xa se poden presentar no concello as solicitudes para a realización das cacharelas de San Xoán. Tradicionalmente en Teo celébranse numerosas fogueiras nesas datas e este ano, xa sen restricións pola pandemia e en véspera de festivo autonómico, prevese unha cantidade importante de solicitudes.
Os impresos pódense entregar no Rexistro do Concello ou a través da Sede electrónica entre o 1 e o 21 de xuño de 2022.
Podes descargar aquí o formulario de solicitude.
A solicitude debe cubrirse cos datos persoias e indicar o lugar de realización da cacharela.
A maiores lémbranse as normas de obrigado cumprimento para as fogueiras que deben ter en conta as persoas organizadoras. Entre as normas destaca que o volume do combustible da fogueira non sobrepasará os 8 metros de perímetro e os 3 metros de altura; a separación entre as fogueiras e os edificios e árbores será como mínimo de 12 metros; terase especial coidado de non situar as fogueiras baixo tendidos eléctricos ou telefónicos, así como de que nos arredores non exista ningún local no que se almacenen produtos inflamables.
Tamén está prohibida a queima de pneumáticos, plásticos, escumas de poliuretano, aceites, etc, e en xeral de calquera substancia que ao arder desprenda fume tóxico e en ningún caso se botarán ao lume recipientes que conteñan líquidos inflamables ou gases a presión (sprays), aínda que estean baleiros. No suposto de que a fogueira se faga sobre terreos de uso público de lousa, as persoas organizadoras encargaranse de protexer o pavimento cunha capa de area de, cando menos, 10 cms e ao finalizar a fogueira e antes de abandonar o lugar da mesma, as persoas responsables da organización coidarán de que as cinzas queden totalmente apagadas e comprométense a retirar do lugar da celebración todos os restos que queden nun prazo máximo de 48 horas.
Adjunto | Tamaño |
---|---|
solicitude_cacharelas 2022.pdf | 83.8 KB |