O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

O Mercado do alimento labrego cumpre dez anos

| compartir:

No ano 2012, o Concello de Teo chegou a un acordo co grupo promotor do Sindicato Labrego Galego para formalizar no contorno dos
Tilos un mercado de venda directa de produtos labregos de tempada e dende entón realízase cada sábado en horario de maña con arredor
dunha decena de postos de venda.

Dende os comezos este espazo foi mudando, un exemplo é a construción da cuberta para resgardarse da chuvia, co fin de favorecer
a clientela e mellorar o mercado.

O vindeiro 11 de xuño terá lugar a festa de celebración do décimo aniversario do Mercado Labrego con ambiente festivo e grandes sorpresas. Haberá música, actuación do grupo teense Títeres Cachirulo coa súa obra Cachimóbil: a cabeza do dragón, para o público xeral. Para a clientela do
mercado sortearase cada hora unha cesta de produtos de tempada e dous sorteos dunha comida ou cea para dúas persoas no restaurante
Peteiro, en Cacheiras.

Para conmemorar este fito o goberno teense levará ao seguinte Pleno a proposta para nomear a praza onde se celebra este evento como
Praza do Mercado Labrego

 

aniversario mercado

Mercado