O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Escola de Familias. Persoas adolescentes, familias confundidas

Data e hora

Localización
Auditorio Constante Liste
Como chegar

Inscrición pechada

Prazas por persoa
5

Este mes na Escola de Familias trataremos un tema tan importante como é a Prevención das drogodependecias e condutas aditivas da nosa mocidade. Para esta nova sesión contaremos unha vez máis co  doutor en psicoloxía Manuel Isorna Folgar e haberá espazo para dúbidas e debate.

Será o sábado 11 de xuño no Auditorio Municipal Constante Liste, de 11:30 a 13:30 H.

Está dirixida a familias, docentes e profesionais vinculadas á educación e para asistir hai que inscribirse a través do formulario en liña neste mesmo espazo da web.

No caso de precisar servizo de gardaría debe indicarse cando se cubra o formulario, no apartado de observacións escribindo o número de nenos/as e as idades. 

Observacións
Para calquera cancelación rogamos que o comuniquen no enderezo electrónico entradascultura@teo.gal
Escola de familias xuño

Outros eventos por vir