O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Concello avanza nas tramitacións para que os seus petróglifos máis significativos e a ponte de Pontevea reciban a declaración expresa como Bens de Interese Cultural (BIC). Despois da solicitude presentada pola Administración Local ante a Xunta, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria acaba de aceptar a tramitación das solicitudes relativas aos petróglifos. A da ponte está pendente de resposta.
En concreto, as peticións presentadas e xa rexistradas no Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia refírense aos petróglifos da Pena Bicuda de Loureiro, do Monte do Río de Angueira, e de Outeiro do Corno. A concelleira de Turismo de Teo, Conchi García, explica que “os petróglifos, polo mero feito de existir, xa teñen consideración legal de Bens de Interese Cultural, e con esta tramitación o que buscamos é que se formalice o seu recoñecemento administrativo”.
En canto á ponte de Pontevea, o goberno de Teo agarda que a Xunta acepte tamén a solicitude e axilice na medida do posible a súa declaración como BIC. A ponte, que une os municipios de Teo (A Coruña) e A Estrada (Pontevedra), ten un innegable valor patrimonial e está vinculada a feitos históricos como as batallas da Guerra da Independencia. O Concello considera que se trata dun elemento arquitectónico que reúne suficientes condicións para a ser recoñecido como Ben de Interese Cultural.