O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

Celebrado o Consello Local da Infancia e da Adolescencia no Día Internacional dos Dereitos da Infancia

| compartir:

A alcaldesa, Lucía Calvo de la Uz, presidiu esta mañá o Consello Local da Infancia e Adolescencia (CLIA), celebrado no auditorio municipal Constante Liste coincidindo co Día Internacional dos Dereitos da Infancia. Durante o seu discurso, a rexedora puxo en valor o traballo dos integrantes deste Consello e lembrou que Teo ten xa o segundo recoñecemento como Cidade Amiga da Infancia de UNICEF e “queremos que sexa sendo así por moito tempo”, matizou.

Aproveitando o dito Consello, Calvo de la Uz reflexionou sobre a necesidade de potenciar a escoita activa e a participación de nenos e nenas e dos adolescentes en todos os espazos de decisión, polo que fixo un chamamento a toda a rapazada asistente a participar deste órgano co fin de aportar cantas máis ideas mellor.

Seguidamente, procedeuse á aprobación da acta da sesión do 20 de novembro e á presentación dos integrantes do CLIA, tanto a representación infantil como a adolescente e a adulta. Tamén se expuxeron diversas propostas elaboradas polo FoPIA sobre o dereito á participación da infancia e a adolescencia, pechando o acto coa lectura da declaración institucional. 

Así mesmo, o concelleiro de Familia e Infancia, Jan Cerqueiro, aproveitou para lembrarlles aos asistentes que aínda se poden anotar no FoPIA e que a vindeira xuntanza será o 16 de decembro. 

foto