O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.
O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.
O Concello acolle a presentación do libro "As paroladas de Avelino Pousa Antelo na Radio Galega" editado por Valentín Arias López e X. Amancio Liñares con Medulia editorial.
O acto será na Mediateca do Grilo o xoves 16 de xuño ás 20:00 h. e o acceso é libre.
Na presentación participan as seguintes persoas:
Rafael Sisto, alcalde de Teo.
Amancio Liñares, co-editor do libro.
Nora Pousa, filla de Avelino.
Lourenzo Fernández Prieto, Catedrático da USC.
Baldomero Iglesias, Xoán X. Fernández Abella e David Otero da Irmandade Avelino Pousa Antelo.
Esta edición ve a luz no décino aniversario da morte de Avelino Pousa, fillo adoptivo do Concello de Teo.