O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O 15 de xuño abren as piscinas municipais dos Tilos e Luou. Nos últimos días estiveron facendo a posta a punto para comezar a tempada de verán e poder gozar destas instalacións nos días de calor.
As piscinas estarán abertas ata o 15 de setembro e o horario de funcionamento neste período será o seguinte:
As persoas que queiran xestionar o carné para ir ás piscinas deben facelo nas oficinas administrativas da piscina municipal cuberta da Ramallosa coa seguinte documentación: datos identificativos da persoa, certificado de empadroamento e os datos da situación familiar ou dos Servizos Sociais en caso de que fosen precisos. Aquelas persoas que xa teñan abono da piscina municipal cuberta de Teo en calquera das modalidades non precisa realizar ningún trámite nin tampouco teñen que realizar ningún pagamento.
Custe
Os abonos individuais custan 17 euros para as persoas de entre 25 e 65 anos e 14 euros para as menores de 24 anos. O abono familiar ten un custo de 27 euros e inclúe a parella e os fillos de ata 18 anos, a partir desa idade pagase un complemento de 8 euros. Están exentas de abonar as taxas as persoas desempregadas inscritas como demandantes de emprego e empadroadas en Teo, as crianzas menores de 5 anos e as persoas maiores de 65 anos. O prezo da entrada por día é de 2,5 euros.