O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O goberno municipal de Teo continúa as súas visitas ás parroquias para manter encontros coa veciñanza cunha visita a Oza mañá xoves 19 de maio. A reunión será na Casa Común de Oza ás 20.30 horas e estará presente o alcalde de Teo, Rafael Sisto, acompañado de varios/as concelleiros/as.
Nas últimas semanas mantivéronse xuntanzas en Solláns e na Torre (Cacheiras) nos que se falou de temas de actualidade como a pirotecnia ou a regularización catastral. A intención destes encontros é ter unha interacción directa coa cidadanía e poder intercambiar opinións así como recoller suxestións sobre a actuación municipal.
Despois da reunión en Oza farase un parón no calendario pola convocatoria das eleccións xerais do 26 de xuño. Máis adiante irase facendo públicas as seguintes citas no resto das parroquias.