O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

O CONCELLO AVANZA NO PROGRAMA DE PARTICIPACIÓN CIDADÁ TEO DECIDE: CAMIÑOS SEGUROS

| compartir:

O Concello de Teo está a seguir co desenvolvemento de actividades en pro da participación veciñal co proxecto TEO DECIDE: CAMIÑOS SEGUROS, co que se quere facilitar á mobilidade peonil no termo municipal, cubrindo as principais necesidades da veciñanza nesta materia. É por iso que o vindeiro 19 de maio haberá un encontro coa veciñanza no que estarán o concelleiro de participación, Ignacio Iglesias, e a concelleira de Urbanismo, Uxía Lemus, co obxectivo de debater entre as opcións dispoñibles para a execución de camiños e para que os veciños acheguen tamén as súas propostas e suxestións. Será de 20:00 a 21:00 horas no Salón de Plenos do Concello.

Nos últimos meses xa tiveron lugar varias reunións para expoñer as necesidades e definir posíbeis sendas peonís para Teo. Para escoller os principais lugares de actuación, o goberno municipal elaborou unha proposta de intervencións coas que dar respostas á veciñanza, que se presentarán o vindeiro día 19.

 

Este foro está aberto ao conxunto da cidadanía. Ao remate do mesmo, abrirase un espazo de debate para recoller propostas de novas temáticas para o proxecto TEO DECIDE, co fin de impulsar novos procesos participativos no concello.

 

Aínda que non é obrigatorio, prégase confirmar a asistencia no correoteodecide@concellodeteo.com ou nos teléfonos do equipo técnico do proceso: 609.909.564/627.570.943/629.747.336.

foro teo decide