O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
Seguimos co Festival Atlántica. O venres 1 de xullo, ás 21:00 horas, Paula Carballeira (Galicia) e Sofía Maul (Portugal) traerán ao Cemiterio Municipal o seu escpectáculo “Contos de arrepío”.
CONTOS DE ARREPÍO con Paula Carballeira e Sofía Maul
O medo é unha das poucas cousas que non buscas. Ao medo atópalo. Os chamados “contos de medo” só perseguen o arrepío do momento, unha lixeira inquedanza, unha sensación de vento frío que che aloumiña o pescozo. Candeas, aparecidos, ánimas en pena, agoiros, avisos… Ben se pode dicir que o arrepío forma parte do outono e do inverno, e dalí proceden a maioría destas historias, das longas e escuras noites coa néboa ás portas.
Contos que foron tecendo narradoras e narradores anónimos, ás veces recollidos por escrito, a maioría transmitidos oralmente para lembrarnos que a morte está á espreita, e que por iso hai que sentir con intensidade, tremer rir cando o medo nolo permita, para esquecer por un momento o que agochan as tebras.
Espectáculo dirixido a público adolescente e adulto.
Acceso libre ata completar aforo.