O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.
O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.
O xoves 21 teremos unha sesión de street fútbol na piscina de Luou con Vella escola. Será unha actividade para maiores de 10 anos e non é preciso anotarse. Só tes que andar ese día pola piscina e achegarte.
A sesión comezará ás 18:00 horas.
O street fútbol consiste en facer gran variedade de malabarismos creativos, controlando o balón con calquera parte do corpo. Esta disciplina urbana combina trucos de fútbol, baile, acrobacias e música para crear unha rutina dinámica co balón segundo indican dende Vella escola.
Anímate e vén xogar!