O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

Teo abre este venres o parque efémero ´O cu na palla´

| compartir:

O Concello promove, para este verán, a creacion dun lugar de lecer para público xuvenil e familiar en San Domingo (Calo), onde se fomenta o xogo vinculado ás estruturas realizadas con pacas de palla, un parque de xogo diferente para xogar coma antes: o cu na palla! É o xogo de palabras arredor da coñecida cantiga popular que lle da nome.

Este lugar, de acceso libre e gratuíto pretende, coma o ano pasado o fixo co exitoso Labirinto de Millo, render homenaxe ao mundo rural do Concello e trata de vincular a cativada coas experiencias de lecer sinxelas e de xogo libre.

Así o espazo contará con diversas formas feitas con pacas de palla e algunha estrutura complementaria elaborada con materiais naturais coma o vimbio para pasar un anaco de ocio diferente neste espazo efímero que estará aberta ao público entre o 15 de xullo e o 18 de setembro, onde a celebración da festa Apego servirá de broche final a este lugar de encontro.

O parque O cu na palla estará instalación no campo de San Domingo, na parroquia de Calo.

O venres 15 inaugúrase o espazo cun taller de figuras con vimbios para o que vos podedes inscribir premendo aquí. Será un obradoiro para persoas a partir dos 6 anos no que se traballará en parellas. Comezará a actividade ás 19:00 horas.

Ademais haberá servizo de cantina os venres, sábados e domigos de 17:30 a 21:30 horas. O espazo estará aberto ao público permanentemente.

Ao longo do verán, ademais do xogo libre, O cu na palla será tamén un referente na celebración de actividades e eventos culturais que iremos anunciando na web e nas redes do Concello.

O lugar escollido para esta montaxe, o campo de San Domingo, permite crear unha zona de aparcadoiro, que estará aberta ao público nas fins de semana dos meses nos que está activa a instalación. Este conxunto virá a continuar a liña de traballo de consolidar Teo como un referente no coidado e promoción do medio natural e a paisaxe rural.

actividades xullo o cu na palla

 

parque o cu na palla