O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Espectáculo de malabares no parque o cu na palla.

Data e hora

Localización
Parque o cu na palla. San Domingo. Calo.
Como chegar

O venres 22 teremos un espectáculo de malabares no parque o cu na palla, no campo de San Domingo, en Calo. O artista Fran Boza preséntanos Malabarabilidades, un espectáculo para todos os públicos no que deixará abraiado a grandes e pequenos/as coa súa calidade técnica. 

Esta actividade é de balde e non é preciso inscrición previa. Farémola no novo parque de pacas en Calo. Lembrade que os venres, sábados e domingos hai servizo de cantina de 17:30 a 21:30 e que o espazo de xogo está aberto permanentemente.  

Durante o mes de xullo teremos outras actividades no parque o cu na palla. 

actividades xullo o cu na palla

Listaxe de agarda
malabares

Outros eventos por vir