O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Espectáculo de circo no parque o cu na palla.

Data e hora

Localización
Parque o cu na palla. San Domingo. Calo.
Como chegar

O venres 29 de xullo ás 19:30 horas teremos un espectáculo de circo no parque o cu na palla, en San Domingo, Calo. O pallaso Peter Punk preséntanos Chungatrona.

Neste espectáculo veremos unha aloucada entrada en escéa coa Testarrosa, o miniciclo de Peter Punk. A máxica desaparición dun globo no seu bandullo. A destreza dun voluntario con tres aros e un vaciador de ideas. 

E como colofón, un final único no mundo: A CHUNGATRONA!! Un aparello pensado por un pallaso, que manterá ao público en tensión ata que… algún incauto resulte totalmente mollado e a cara cuberta de tarta. Todo isto, para desatar a risa, a diversión e a loucura do público: nenas, nenos e maiores

A actividade é de balde e non é preciso anotarse. 

Lembra que o parque o cu na palla está aberto permanentemente e que os venres, sábados e domingos hai servizo de cantina de 17:30 a 21:30 horas.  

En xullo teremos outras actividades no parque o cu na palla. 

actividades xullo o cu na palla

Listaxe de agarda
chungatrona

Outros eventos por vir