O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Departamento de Deportes informa da apertura do prazo para que as entidades deportivas locais interesadas poidan solicitar o uso dos pavillóns municipais dos Tilos, Calo e A Ramallosa para realizar actividades deportivas durante o período comprendido entre outubro de 2022 e xuño de 2023. As entidades interesadas terán de prazo ata o 19 de agosto para entregar a ficha de solicitude, debidamente cuberta, no Rexistro Xeral ou na Sede Electrónica do Concello de Teo.
O horario do Rexistro Xeral do Concello, no cal hai que realizar estes trámites, é de luns a venres de 08:00 a 14:00 horas. Pódese solicitar máis información no Departamento de Deportes do Concello ou chamando ao teléfono do Concello 981 815 700.