O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

Celébrase o pleno ordinario do mes de xullo

| compartir:

O mércores 27 de xullo celébrase o pleno ordinario. O horario será ás 20:00 horas no salón de plenos. O debate plenario terá lugar en horario de tarde como é habitual.

Poderase ver en directo a través da canle de youtube do Concello premendo aquí.

Un dos puntos principais do pleno será a votación do plan de medidas antifraude do Concello de Teo no marco do plan de recuperación, transformación e resiliencia para a xestións dos fondos europeos. Trátase dunha medida que deben aprobar as entidades que solicitan liñas de axudas dos fondos europeos. 

A orde do día ten os seguintes puntos: 

  1. Dación de conta das resolucións da alcaldaía (da res 812/2022 do 23/06/2022 á 958/2022 do 20/07/2022). 
  2. Ditame da proposta de alcaldía sobre o plan de medidas antifraude do Concello de Teo no marco do plan de recuperación, transformación e resiliencia para a xestións dos fondos europeos. 
  3. Mocións. 
  4. Rogos e preguntas. 

 

Casa concello