O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
Inscrición pechada
As prazas para esta actividade xa están esgotadas e a listaxe de agarda avanzada: inscrición pechada.
Cultura, en colaboración co Colectivo A Rula, trae para o mes de agosto unha nova sesión das IX Rutas Nocturnas polos Petróglifos Teenses: Solpor no Piquiño
Será o sábado 13 de agosto ás 20:30 horas e sairase desde o Campo da Festa de Luou
Trátase de unha nova andaina circular deseñada para a visita nocturna con luz artificial ós petróglifos o que permite apreciar mellor todos os detalles destas excepcionais mostras do chamado Grupo Galaico da Arte Rupestre.
O percorrido destaca pola gran diversidade de motivos que posúen estas laxes, dende os característicos gravados de temática xeométrica, ós gravados de motivos figurativos ou un singular deseño central.
A ruta ten unha distancia aproximada de 5 km ( 2 - 3 horas) e é recomendable levar lanterna, auga, chaleco reflectíante e roupa e calzado cómodo.
A inscrición para esta actividade abrirá o venres 5 de agosto ás 10:00 horas.