O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
Rematamos as sesións das IX Rutas Nocturnas polos Petróglifos Teenses no mes de setembro coa ruta Gravados na Fraga.
Terá lugar o sábado 3 de setembro ás 20:30 horas e sairase desde a Igrexa de Santa María de Teo.
Trátase de unha nova andaina circular deseñada para a visita nocturna con luz artificial ós petróglifos o que permite apreciar mellor todos os detalles destas excepcionais mostras do chamado Grupo Galaico da Arte Rupestre.
O percorrido destaca pola gran diversidade de motivos que posúen estas laxes, dende os característicos gravados de temática xeométrica, ós gravados de motivos figurativos ou un singular deseño central.
A ruta ten unha distancia aproximada de 5 km ( 2 - 3 horas) e é recomendable levar lanterna, auga, chaleco reflectíante e roupa e calzado cómodo.
A inscrición para esta actividade abrirá o 26 de agosto ás 10:00 horas.