O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

Ensaio aberto do capítulo 1 da Triloxía do bosque. 2 de setembro.

Data e hora

Localización
Auditorio Municipal Constante Liste
Como chegar

Prazas dispoñibles
0
Listaxe de agarda

Prazas por persoa
4

Setembro comezará no Auditorio co ensaio aberto do primeiro espectáculo da Triloxía do Bosque que nace da colaboración galego-portuguesa  entre acompañía teense Berrobambán Teatro e a compañía portuguesa Ponto de fuga.

O Capítulo 1: Hai quen escolle os camiños máis longos, é a primeira representación da triloxía, e parte da idea do bosque como labirinto. Nela faise unha reflexión sobre a pertinencia e a utilidade da nosa tradición a través da revisión de certos contos marabillosos, todos eles protagonizados por mulleres, e que, coas súas variantes, forman parte da cultura universal: Carapuchiña, Branca de Neve, A Bela Adormecida, etc.

Este venres 2 de setembro ás 21:00 horas no Auditorio poderemos ver un ensaio aberto para o que precisas anotarte neste mesmo espazo da web. 

Estas dúas compañías levan o mes de agosto de residencia no Auditorio Constante Liste con este novo proxecto, a Triloxía do Bosque, onde traballan cunha idea arredor dos bosques, que a miúdo son escenario onde acontecen os feitos das historias narradas nos contos marabillosos. Afondan nas diferentes características deste elemento e coñeceremos súa función e o seu simbolismo.

Tres espectáculos que se desenvolverán entre 2022 e 2026 en coprodución con diferentes compañías portuguesas, fomentando as vantaxes dunha lingua e unha cultura de orixe común, dos cales en setembro poderemos ver o primeiro deles.

Listaxe de agarda
teatro

Outros eventos por vir

Auditorio Constante Liste

GOLPES