O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
A Xerencia Rexional do Catastro, responsable do proceso de regularización catastral, publica no BOE
do 20 de abril de 2016 unha listaxe de case 1.200 persoas de Teo que non puido notificar por correo postal. O anuncio de notificación especifica que se dispón de quince días para recoller a notificación nas oficinas do Catastro en Coruña (Comandante Fontanes, número 7, A Coruña). Dende o Concello, a pesar que non ser un proceso municipal estase facilitando copia da notificación.
Consulta aquí a listaxe por orde alfabética
Nas últimas semanas Correos xa alertara de que numerosas cartas foran devoltas polo que no Concello xa se estiveron entregando copias das notificacións a pesar de non ser competencia municipal. No caso de ter recollida xa a copia da notificación no Concello, aínda que siga a parecendo na listaxe do BOE, non é preciso volver a recollela. Por outra banda se veñen ao Concello para poder sacar o documento teñen que traer o DNI do titular e no caso de que falecera algún documento que acredite que son herdeiros.
A notificación tamén se pode descargar en internet, na Sede Electrónica do Catastro, www.sedecatastro.gob.es, no caso de que o titular da notificación dispoña de firma electrónica.