O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
Dende hoxe, xa poden consultarse na web do Concello as listaxes provisionais coas solicitudes admitidas, cara á adxudicación de prazas nas escolas infantís municipais. Se existen incorreccións nalgún dos datos da solicitude, pódense presentar reclamacións no Rexistro Xeral do Concello ata o día 2 de maio.
Os expedientes de solicitude de praza están identificados co número de rexistro de entrada no Concello. As persoas que queiran consultar algún dato ou solventar dúbidas sobre o seu expediente poden dirixirse aos Servizos Sociais, de 10:00 a 14:00 horas, ou chamar ao teléfono 610 872 136. Dende o Departamento de Servizos Sociais destacan que na adxudicación definitiva, que sairá o redor do 20 de maio, as concesións de prazas poden variar.
Finalmente, unha vez publicadas as listaxes definitivas, abrirase o prazo de matrícula, no período comprendido entre o 1 e o 15 de xuño.