O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

O PRIMEIRO GRUPO DE TRABALLO DO "VIVES EMPLEA" ARRANCA EN TEO ESTA SEMANA

| compartir:

O vindeiro mércores, 13 de abril, a partir dás 10:00 horas comezará no Salón de Plenos do Concello o primeiro grupo de traballo do proxecto “Vives Emplea”. Esta iniciativa nace dun convenio de colaboración entre o Concello e a entidade Acción contra el Hambre. Na presentación estarán o Alcalde de Teo, Rafael Sisto, o Concelleiro de Benestar Social, Ignacio Iglesias e a xestora de programas de inclusión socio laboral en Galicia de Acción contra el Hambre, Susana Quintas.

Nesta primeira parte do programa participarán 20 persoas, quen aprenderán por medio de dinámicas de traballo en grupo e entrevistas individuais mensuais as claves para acceder ao mercado laboral. O curso durará ata o 31 de xullo, tendo 9 horas semanais, repartidas en tres días á semana.

Está previsto que no segundo semestre do ano haxa unha segunda edición, polo que se estás interesado podes atopar más información no enderezo electrónico marodino@accioncontraelhambre.org ou no teléfono 629 563 058.

Orientación laboral

Por outra banda, esta semana comezan tamén uns talleres, desenvolvidos polo Servizo de Orientación do Concello, nos que se faran accións grupais para fomentar a búsqueda de emprego. Para máis información, preme aquí .

teo