O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
Mañá venres 8 de abril ás 19:00 horas terá lugar un obradoiro sobre intelixencia emocional dirixido ás familias na Casa Común dos Tilos. Con esta xornada formativa, impartida pola psicóloga e nai Ana Couto e desenvolvida polas ANPAs da Rabadela (CEIP A Igrexa-Calo), Cobas (CEIP Os Tilos), Río Tella (CEIP A Ramallosa) e A Cantoñeira (CRA de Teo), quérese axudar aos pais e nais a entrar no mundo das emocións dos seus fillos e fillas, utilizando a intelixencia emocional, unha capacidade que nos permite coñecer e manexar os nosos sentimentos e os dos demais con eficiencia.
A intelixencia emocional fórmase nos primeiros anos de vida dos nenos e nenas, consolídase na escola e reflíctese no seu xeito de actuar, ademais de ser decisiva no seu futuro ao ser necesario o control das emocións para lograr o éxito en calquera ámbito da vida.
A duración do obradoiro será duns 90 minutos aproximadamente. As familias terán a súa disposición un servizo de ludoteca na mesma Casa Común dos Tilos.
Por outra banda, o vindeiro 21 de abril a partir dás 19:30 horas, Ana Couto visitará o IES de Cacheiras para seguir tratando o tema da intelixencia emocional en adolescentes, como parte do servizo de prevención de drogodependencia e condutas adictivas do Concello.