O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Concello de Teo abre o prazo para as solicitudes de novo ingreso nas escolas infantís municipais de Calo, Os Tilos e A Ramallosa. Trátase do acceso de nenos/as que non estean asistindo aos centros. O impreso que xa se pode descargar premendo aquí ou recoller nas oficinas municipais pode entregarse no Rexistro Xeral do Concello ata o 31 de marzo.
Dende Benestar lémbrase que entre os requisitos que deben cumprir os solicitantes está que o/a menor teña unha idade mínima de tres meses na data de ingreso no centro e non ter cumpridos os 3 anos a 31 de decembro do ano no que se solicita praza. Xunto coa solicitude hai que achegar documentación como a fotocopia do libro de familia, fotocopia do DNI dos dous membros parentais ou responsables legais e as declaracións da renda do exercicio anterior, ou certificado negativo relativo á obriga de efectuar declaración do IRPF no que se faga constar os ingresos das persoas responsables legais do/a menor. Pode haber outra documentación procedente para xustificar algunha das circunstancias que se teñen en conta para o baremo que non son obrigadas en todas as solicitudes. No impreso xa se especifican.
Unha vez rematado o proceso de solicitudes e despois da baremación publícanse unhas listaxes provisionais que terán un prazo de subsanación de erros ou documentación. Despois da publicación das listaxes definitivas abrirase o período de formalización da matrícula, que normalmente se realiza en xuño. Para máis información sobre este proceso as persoas interesadas poden achegarse aos servizos sociais en horario de 10:00 a 14:00 horas ata finais de marzo ou chamar ao teléfono do Concello 981 815 700.
Bolsas de ensino
Por outra banda nestes días tamén se publicou a listaxe de solicitantes de bolsas de ensino e/ou trasnporte que deben subsanar documentación. O prazo para facelo remata o 30 de marzo e no caso de non entregar a documentación que falta no Rexistro Xeral do Concello no prazo indicado entenderase desestimada a solicitude. Máis información sobre este procedemento premendo aquí