O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Centro de Información á Muller (CIM) presenta este outono o programa Quererse ben, centrado en aportar ferramentas de autocoidado ás mulleres. Serán dous obradoiros sobre unha mesma temática cada mes dende outubro ata febreiro e están dirixidos a todas as mulleres que queren atenderse máis e mellor, que buscan un tempo e un espazo para elas. Ademais farano en comunidade, o que sempre resulta enriquecedor.
O progama oferta obradoiros en catro ámbitos: mindfulness e ioga, nutrición, sexualidade e defensa persoal. A través destas xornadas traballaranse diferentes aspectos relacionados co autocoñecemento, os coidados, os bos hábitos e o "ben quererse".
Mindfulness e ioga: Traballaranse as posturas, o movemento corporal e o coñecemento persoal. Para iso farase fincapé nos puntos psicoemocionais e na respiración consciente.
Nutrición: Exploraranse as nocións básicas de nutrición, poñendo especial interese nas necesidades básicas e específicas de cada persoa participante.
Sexualidade: Dende o autocoñecemento propio e básico do aparello reproductor, as persoas participantes achegaranse a puntos claves como o consentimento e o desfrute pleno da sexualidade, sempre dende o respecto á privacidade e á intimidade persoal.
Defensa persoal: Dende a teoría á práctica, compartiranse aprendizaxes que potencien a seguridade das participantes, incrementando a súa autoestima e formulando a autodefensa dende unha perspectiva de xénero.
Todas as sesións serán levadas a cabo por profesionais do ámbito, que desenvolverán os obradoiros dun xeito participativo atendendo sempre á mellora do benestar de cada unha das participantes.
Os obradoiros terán dúas sesións, normalmente o primeiro e o terceiro venres de cada mes. Os horarios concretos e o lugar de cada mes iranse publicando cando se abra a inscrición. Para anotarse hai que entrar no apartado da Axenda da web e cubrir o formulario en liña.