O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O goberno de Teo acordou solicitar unha ampliación do prazo de alegacións na regularación catastral. Nos últimos días están chegando aos particulares as notificacións dende a Xerencia Rexional do Catastro que depende do Ministerio de Facenda. Nesta comunicación dase un prazo de quince días para alegar, que dende o Concello se considera escaso.
Á vista desta situación o rexedor teense, Rafael Sisto, falará co xerente do Catastro en Galicia para solicitar que se incremente o período de alegacións. A maiores dende o Concello destácase que en Teo hai unha empresa contratada para facilitar os trámites relacionados coas altas e moficacións no catastro que están no Concello todos os venres, agás a última semana de mes que veñen os sábados.
A maiores da comunicación co Catastro tamén se tentará ampliar a atención que da esta empresa contratada polo Concello, alomenos durante o período de alegacións. E dende os propios servizos municipais, sobre todo Urbanismo atenderase calquera dúbida.
As notificacións que se están recibindo indican os datos relativos ao ben inmoble ademais dunha tasa de regularación de 60 euros.
As alegacións deben enviarse á Xerencia Rexional do Catastro de Galicia na Coruña. O Catastro dispón dunha liña directa, o 902 373 635.