O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

Publícase o Xeoportal do Concello de Teo

| compartir:

O Concello de Teo publica o Xeoportal, un espazo en internet con toda a información urbanística municipal e o Plan Xeral de Ordenación Municipal dixitalizado. O alcalde de Teo, Rafael Sisto, presentou esta mañá esta nova ferramenta acompañado de Manuel Borobio, da empresa Abtemas, encargada do desenvolvemento técnico do proxecto. 

Sisto destacou que o Xeoportal ten unha doble funcionalidade "apoiar aos servizos técnicos municipais e darlle acceso á cidadanía a esta información dun xeito sinxelo". Neste espazo web pódese atopar "o PXOM a golpe de clic, con toda a información do Plan dixitalizada, con datos sobre cada parcela pero tamén podemos ver planso da rede de saneamento e abastecemento". 

O alcalde destaca "a potencialidade que ten o Xeoportal ao poder mellorar e incrementar a información que xa está subida". De feito nos próximos meses subiranse os planos coas faixas de protección contra incendios da Xunta de Galicica de xeito que un particular poida buscar a súa finca e ver se está afectada ou non. "Trátase dunha ferramenta viva que seguirá medrando" indica o rexedor. 

O Xeoportal pódese consultar premendo aquí ou no seguinte enderezo: www.teo.gal/xeoportal

Neste momento na web municipal hai un banner no que podes consultar o Xeoportal. Contamos cun titorial que servirá de guía para poder navegar polo Xeoportal. De feito tamén se poden atopar varios vídeos explicativos para que sexa máis sinxelo o acceso á ferramenta. Esta parte foi explicada na presentación por Manuel Borobio. 

Ademais das partes do Xeoportal navegou pola web para ver como se poden consultar as fichas normativas específicas dunha finca que se pode buscar de distintos xeitos, por exemplo polo enderezo postal. O sistema ten varias capas que se poden visualizar ou non dependendo da información que se queira consultar. 

Dende o Concello confíase en que moita xente consulte o Xeoportal, ben por interese concreto en datos de fincas pero tamén para obter datos de elementos patrimoniais, información relacionada co servizo municipal de augas ou para consultar os últimos voos que se fixeron do Concello. 

Podes consultar o vídeo da presentación premendo aquí

O Xeoportal é unha xanela aos datos xeográficos e territoriais do termo municipal. Dixitalizouse o Plan xeral de ordenación municipal e neste momento calquera persoa pode encontrar e saber as características urbanísticas de calquera parcela. 

Qué podes atopar no Xeoportal?

  • Follas cartográficas do Plan. O sistema de información xeográfica permite descargar os arquivos PDF das follas cartográficas das series de información e ordenación do Plan. A información é accesible mediante as mallas das diferentes escalas: 1:20.000; 1:10.000; 1:5.000 e 1:2.000.
  • Patrimonio cultural. Os elementos catalogados no Plan Xeral e as súas áreas de protección veranse nunha capa do SIX. Para ter máis información hai que clicar sobre o elemento catalogado.
  • Delimitacións do PXOM. Nos mapas pódense consultar as delimitacións e normativas de aplicación do PXOM en cada lugar. A navegación dos mapas é interactiva. 
  • Clasificación do solo. A clasificación do solo é a forma na que a planificación establece o que se pode facer ou non nun lugar determinado. Deste xeito poderemos ver se unha parceal, por exemplo, é urbanizable ou non. 
  • O PXOM nun clic. Para navegar dun xeito áxil poderase acceder ao mapa do PXOM e buscar de maneira directa sobre o mapa ou mediante a consulta coa referencia catastral, o lugar ou enderezo postal. 
xeoportal