O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

O CONCELLO CONVIDA Á CIDADANÍA A PARTICIPAR NOS ACTOS POLO DÍA DA MULLER

| compartir:

O Concello de Teo celebra o Día da muller cun acto institucional o 7 de marzo na Casa Consistorial. Será dende as 19:30 horas no salón de plenos e na primeira parte do acto darase lectura á declaración institucional . A continuación contaremos coa actuacion musical de Paulina Ceremuzinska. O acto pecharase coa sesión de contacontos da Boapipa coa temática Lavandeiras

Dentro da programación do Día da muller tamén está programada unha excursión para o día 13 de marzo   dirixido ás mulleres teenses de entre 18 e 65 anos. A saída será a Allariz e Castro de Las e durará todo o día. O horario previsto de saída dende o Concello é ás 08:30 horas e o de chegada ás 19:30 horas. O traslado en autobús será gratuíto, asumido polo Concello mentras que a comida deberá pagala cada asistente. Para anotarse hai que chamar ao teléfono 981 815 700 e preguntar polo Centro de Información á Muller (CIM).

Descarga aquí o manifesto institucional do Concello de Teo pola celebración do 8 de marzo, Día da muller

teo